As "Marchas da Dignidade" percorren cidades galegas. Video


Varias manifestacións en apoio da "Marcha da Dignidade" percorreron distintas localidades galegas. Celebráronse ás oito da
tarde en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía. Estas marchas, convocadas por distintos colectivos en toda España, protestan contra unha situación de "urxencia social". Os representantes das plataformas instaron os cidadáns a dar un golpe de voz para reconquistar os dereitos que, segundo din, están sendo roubados polo Goberno. Todas as marchas converxerán o vindeiro 22 de marzo en Madrid.

Comentarios